Logos é ciencia ficción. É un exercicio de imaxinación que especula cun futuro produto do contexto do marketing actual e a globalización. Logos fala de buscar o teu sitio no mundo, do difícil de ser coherente cos teus principios cando as cousas se torcen, de sacrificio, ambición, amor, trascendencia e medo. En definitiva, fala de seres humanos que non se conforman co que son, personaxes que coas súas miserias e grandezas defenden a súa individualidade e o seu dereito á diferenza. Logos é unha comedia, unha parodia que xoga cos referentes do xénero para levar ao espectador a un mundo inventado, absurdo e real como a vida mesma.
O espectáculo Logos, afonda nas relacións humanas a partir das relacións entre seis personaxes, polos opostos dunha sociedade inventada. Tres eixes transversais marcan o futuro destas persoas: A busca da utopía, a publicidade e o mito de Prometeo. Baixo estas premisas transcorren toda unha serie de situacións que nos levan a reflexionar sobre a soidade, a liberdade e as relacións humanas baixo o prisma do humor nun contexto diferente ao actual, un futuro distópico paródico que ten máis que ver coa nosa realidade máis plausible do que parece.
O cartaz de Pepe Saavedra, enchenos de orgullo, e o attrezzo de Iván Mouronte tamén, pero ademáis contamos con outras persoas na equipa que nos deixaron abrumados co seu talento: Dirección de Santiago Cortegoso, Música orixinal de David Alonso Garzón, vídeos de Brian Rodríguez Cortiñas, vestiario de Uxia Pereiro Vaello, e un compañeiro en escena que é do mellorciño, un actor xeneroso e unha persona formidable Borja Fernandez.
Con motivo da presentación, na casa Habanera de Guitiriz , do libro "AS MIÑAS FILLAS DEVOLVÉRONME A VIDA", de Inés Fernández, recuperamos aquela peza de microteatro coa que xa fai uns anos paseamos as rúas de Lugo: O puño psicopatón.
A violencia machista, non ten cabida nesta sociedade.
Con motivo da presentación, na casa Habanera de Guitiriz , do libro "AS MIÑAS FILLAS DEVOLVÉRONME A VIDA", de Inés Fernández, recuperamos aquela peza de microteatro coa que xa fai uns anos paseamos as rúas de Lugo: O puño psicopatón.
A violencia machista, non ten cabida nesta sociedade.
Xa levamos un mes traballando en torno á figura de Valle Inclán. O obradoiro está dando moito de sí, e moi pronto poderemos mostrarvos a todos o gran traballo que está a facer este novo equipo de teatreiros.
Polo de agora, deixámosvos unha pequena imaxe, para ir abrindo boca!
A compañía poñerá en escena o espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna". Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas.
Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderna é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.