Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. 

 

 

Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderna é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.


Descarga
Dossier do espectáculo
Dossier A verdadeira historia do poeta M
Documento Adobe Acrobat 2.5 MB