Foto de Pepe Saavedra
Na saca levamos tamén varias pezas de teatro breve! Unha marabilla!
Acaban de publicarnos algunhas delas, nun libro fermosísimo no que compartimos autoría cos nosos compañeiros de Microefectos Dramatúrxicos. Con eles compartimos a aventura de crear, desde fai xa uns aniños.
Xa temos os microefectos en papel, e estamos orgullosos a tope! Máis para levar que nunca! podedes atoparnos nas librarías!
Fixemos a dramaturxia do texto de Pepa Barrios " Como os ourizos" e tivemos ocasión de mostrar o noso traballo no Clavicembalo, en Lugo.
Unha gozada!
A violencia machista é unha lacra da nosa sociedade. Dende o eido teatral, tamén a combatimos.
Grazas ao Concello de Guitiriz por contar con nós para acompañar a Inés Fernández na presentación do seu libro "As miñas fillas devolvéronme á vida".
Nesta peza de Rubén Pérez, andabamos a lembrarnos de Songoku e as bolas do dragón.
Xa van alá uns poucos anos dende a primeira representación do Grupo de Teatro Asociación contra o cancro. Aquí vos deixamos algunha foto das súas andanzas. Que orgullosos estamos!
O noso tamén é axudarche a crear. Se deveces polo teatro e queres aprender ou poñer en marcha un proxecto, conta con nós!
Almorzos saudábeis con Rifi e Rafe.
Aqueles nenos e nenas que acoden o colexio sen almorzar ou sen realizar un almorzo completo, a medio-longo prazo, engrosan as cifras de sobrepeso e obesidade infantil, segundo o Instituto Médico Europeo de la Obesidade, IMEO, e diversos estudos que citan a ausencia de almorzo, xunto ao sedentarismo, como as principais causas dos quilos de máis, por isto, é imprescindible, inculcar e resaltar aos nenos e nenas o necesarios que son os almorzos saudables..
Para combater esta problemática temos polo mundo adiante aos nosos benqueridos Rifi e Rafe. Xuntos que non revoltos, fan gozar aos nenos e nenas co seu espectáculo conseguindo que aprendan e interioricen as bondades dun bo almorzo e dunha vida activa. Agora almorzar é unha festa por que “O almorzo é a comida máis importante do día”.
Este ano 2017 o teatro levounos por rúas, prazas, institutos, museos... ATA MONTAMOS NO BUS... Viva o teatro e viva a Mostra teatro clásico de Lugo!
Grazas a Ana Fernández por traballar con nós! Foi un pracer!