Anxo Manoel.

 

Iníciase no mundo da actuación da man de Achádego Teatro e o xermolo que alí nace non deixa de medrar. Curtametraxes, películas, webseries, monólogos, presentacións de diversos eventos e moito máis teatro son os seus nutrintes.

 

En 2013 coincide con Isa Herrero e Rubén Pérez na fundación do proxecto teatral Microefectos dramatúrxicos do que sigue formando parte.

 

No 2015 e xunto a estes dous útltimos embárcase nesta nova aventura; Lucecús Teatro, un proxecto no que os tres integrantes do mesmo afrontan todas as fases do proceso, dende a escrita até a posta en escena.

 

Facendo camiño...

Isa Herrero.

 

Iníciase xa na adolescencia no mundo do teatro co grupo "Os Zoelas", da man de Xosé Manuel Carballo e continúa o seu percorrido cos compañeiros de Achádego Teatro, baixo a dirección de Tareixa Campo e Antón Sampaio.

 

Grazas á formación do Circuíto Buxiganga, no 2013 xúntanse ela e nove compañeiros máis, para fundar Microefectos Dramatúrxicos, un proxecto vivo que busca potenciar a escrita e posta en escea de textos dramáticos. Vai xa para tres anos, e a frenética actividade actoral, de dirección e de escrita que fai o grupo para levar ante o público mes a mes catro pezas novas e orixinais de teatro breve, continúa.

 

No 2015 Isa Herrero, Anxo Manoel e Rubén Pérez decídense a afrontar un novo proxecto teatral que lles permita desfrutar do proceso creativo que supón a montaxe dunha peza longa, dende todas as súas aristas, nace Lucecús Teatro.  

 

Facendo camiño...

Rubén Pérez.

 

Fórmase no eido das artes escénicas da man da Aula de Teatro da USC e Palimoco. Coordinou proxectos como Esperta Zoe, o Rincón Literario no xornal El Progreso, SMS Urxente: Museo+Xuventude ou o proxecto teatral Buxiganga. Obtivo varios premios coa Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo, o 1º Certame de Dramaturxia Breve organizado pola A.C. A Pipa de Becerreá e o 3º Premio XuventudeCrea na modalidade de relato polo texto "O tintiño".

Logo de dous anos de traballo conxunto nos Microefectos Dramatúrxicos, decide fundar xunto a Isa Herrero e Anxo Manoel a compañía Lucecús Teatro para facer propostas artísticas diferentes partindo da premisa de gozar cos ensaios e todo o proceso creativo.

 

Facendo camiño...